domingo, 24 de enero de 2010

Os canles de acceso das fontes de información nos medios de comunicación

A continuación transcríbovos un dos apartados dun traballo de investigación sobre a Radio Galega que pertence á materia de Produción da Información deste curso. Este fragmento é o reflexo dunha das conclusións ás que puidemos chegar tras o estudio e análise do sistema de producción da información do dito medio. En época de examenes, sérveme agora para xogar cos conceptos e poder faceros máis claros e adsequibles, por iso póñoo ao alcanze da rede tamén. Se a alguén interésalle o texto en castelán, que tan só envíeme un correo electrónico e lle pásoo sen problemas.Por último, agradecer aos galego falantes que se advertisen algunha falta, que posiblemente haxa, estaría encantada de recibir un correo electrónico indicandoa. Un saúdo cordial, Gala.



Por que identificar as canles de acceso da información nos medios? Tan só no 8,8% (4 noticias) das noticias que analizamos se nos informa de cal foi a canle pola que a Radio Galega accedeu ó acontecemento xornalístico. Saber cales son as fontes da noticia que escoitamos é importante, e dá rigor e confianza, pero se se trata de facer unha análise máis profunda é de vital importancia saber como se accedeu a dita fonte. Non é o mesmo que a fonte dunha maneira interesada faga chegar a noticia aos medios, a que o propio xornalista para producila a descubra a partir dunha investigación e contraste de múltiples fontes; tampouco que pola importancia, actualidade ou interese, o propio promotor da noticia rompa o sistema produtivo para facer que chegue aos medios. Como chegan ás fontes, como estas teñen acceso aos medios ou os medios a elas, é pois, un punto determinante á hora de analizar as axendas mediáticas. Aínda que no 96.4% das veces son as fontes as que aportan información aos medios (e non se trata dunha canle de acceso directo do propio xornalista), e son moi poucas nas que o propio xornalista recibe de forma directa e por propia investigación a información (4,4%). Así, se comparamos as escaletas con outros medios (xa sexan escritos ou radiofónicos) da mesma fecha dámonos de conta de que a axenda mediática coincide en gran parte. Suficiente motivo para pensar na idea de que as axendas mediáticas dos mass media son configuradas en maior medida por axentes externos ao propio medio, axencias, entidades, gabinetes de comunicación de empresas, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario